As 500 Millas de Indianapolis de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 30 de maio de 1951 no Circuíto de Indianapolis. Foi incluída na tempada de Fórmula 1 de 1951, da que foi a segunda carreira.
Por segundo ano consecutivo, de novo non houbo equipos europeos de Fórmula Un na carreira.
Duke Nalon, que sufrira queimaduras graves nun accidente en 1949, e que se perdera a carreira de 1950, fixo a súa reaparición na Indy, e gañou a pole position cun Novi.
O forte desgaste da carreira provocou que so remataran oito coches. O coche do gañador Lee Wallard perdeu os seus freos sufriu danos no tubo de escape, e rompeu un amortecedor.[1][2] Ademais tivo unha carreira totalmente incómoda, Wallard puxera un traxe ignífugo, creado por inmersión do seu uniforme nunha mestura de cristais de bórax e auga. Debido a que non levaba camiseta, Wallard sufriu graves rozaduras na pel, e requiriu tratamento no hospital despois da celebración da vitoria. Estimouse que perdeu 15 libras durante a carreira.[2] It was estimated he lost 15 pounds during the race.[2]
Ao redor dunha semana logo de gañar a carreira, Wallard sufriu queimaduras graves nun accidente en Reading, que puxeron fin á súa carreira como piloto profesional.
O tres veces gañador Mauri Rose, na súa 15º participación na Indy, estrelouse e envorcou na volta 126. Foi o seu último 500, se retirou das carreiras despois do accidente.
Ensaios Tempo
As clasificacións de tempo disputáronse durante seis días. Pero a choiva, levou a cualificación definitiva ao sétimo día.