2 Fast 2 Furious é a única película da marca na que non aparece Vin Diesel, que rexeitou o proxecto para participar en xXx (2002). A maior parte do filme rodouse en Miami e a súa estrea foi o 6 de xuño de 2003, recadando máis de 236.000.000 de dólares en todo o mundo cun orzamento de 76.000.000. The Fast and the Furious: Tokyo Drift (2006) foi a seguinte entrega da franquía.
Argumento
Despois de deixar escapar ao fuxitivo Dominic Toretto (Vin Diesel) na primeira película (The Fast and the Furious), o ex-oficial de policía Brian O'Conner (Paul Walker) mudáse dos Ánxeles a Miami para comezar unha nova vida, dende aquela pasou un ano. En Miami fixo novos amigos, como Tej Parker (Chris 'Ludacris' Bridges), un mecánico, Jimmy (MC Jin) e Suki (Devon Aoki). O'Conner agora faise chamar "La Bala" e compite na rúa en carreiras ilegais con apostas altas para gañar cartos, empregando as habilidades que lle aprendeu Toretto. Unha noite, tras gañar unha carreira, axentes de alfándegas dos Estados Unidos captúrano e ofrécenlle un trato para participar nunha investigación conxunta de alfándegas co FBI, en troco hanlle borrar os antecedentes dende que liscou dos Ánxeles. A operación consiste en carreiras nas ruas, mais ao saber que nin alfándegas nin o FBI teñen un corredor experimentado, O'Brian dille a Bilkins que será el quen o seleccione pola súa conta.
Tras o éxito de público de Fast and The Furious fixéronse plans para realizar unha secuela, Michael Brandt e Derek Haas escribiuron o guión xunto con Gary Scott Thompson (o guionista do primeiro filme)[3]. Ao primeiro realizáronse dous tratamentos para o filme, nun deles non aparecía o personaxe de Vin Diesel no caso que o actor non quixese actuar na secuela [4]. Singleton salientou Top Gun como unha grande influencia para a película, particularmente nas secuencias de acción[5].
Preprodución
A Vin Diesel ofrecéronlle 25.000.000 de dólares por facer de novo na secuela de Dominic Toretto[6]. Así a todo, rexeitou logo de ler o guión ao sentir que o seu potencial era inferior comparado co do anterior filme, e preferiu aparecer en The Chronicles of Riddick[7].
Paul Walker, que daquela rematara Timeline repetiu o papel de Brian O'Conner. Tyrese Gibson, tamén entrou no elenco, actuara anteriormente en Baby Boy de Singleton, o seu début como actor, e interpretou a Roman Pearce[8]. Pensouse tamén noutro destacado artista de rap Ja Rule para interpretar a Tej Parker, Rule que xa tivera un pequeno papel en The Fast and the Furious botouse atrás e o director contratou a Chris "Ludacris" Bridges, tamén cantante de rap pero non tan popular na época, a súa participación na película faríao popular e sería o protagonista de filmes como Crash ouHustle & Flow.[9] O elenco tamén incluía a Cole Hauser como o vilán Carter Verone, Eva Mendes como a axente secreta Mónica Fuentes e Devon Aoki como Suki, a única muller piloto na película.
Walker, un grande entusiasta dos automóbiles, conduciu persoalmente un Nissan Skyline GT-R modelo R-34 nas escenas de apertura do filme.[13] Aoki non tiña carné de conducir nin experiencia ningunha en conducir, polo que recibiu clases de conducir durante a rodaxe para poder conducir un Honda S2000 AP1 na película. Gibson conduciu un Mitsubishi Lancer Evolution VII convertible, e Michael Ealy un Toyota Supra Turbo MkIV modelo JZA80 que pertencera a Walker en Fast and The Furious.
2 Fast 2 Furious recadou 50.472.480 de dólares na súa estrea nos Estados Unidos en 3.408 cines, quedando en primeiro lugar na fin de semana. Durante os 133 días de exhibición fixo 127.154.901 no mercado interior. A película tivo o 15º mellor ingreso nacional bruto de 2003 e o 16º de todo o mundo de 2003. Internacionalmente fixo 109.195.760, recadando un total de 236.350.661 en todo o mundo.
Crítica
Rotten Tomatoes dálle unha taxa de aprobación do 36% baseados en 160 críticas, cunha media de 4.7/10. O consenso do sitio é: "Bela xente e belos coches nunha película que non porá en perigo as células do cerebro"[14]. Metacritic sobre 35 críticas dálle unha puntuación media ponderada de 38 sobre 100, indicando "xeralmente comentarios desfavorables".[15]
Roger Ebert de Chicago Sun-Times deulle 3/4 indicando "será descerebrado pero fíxose con habilidade e estilo e, meu amigo, é rápido e furioso"[16].