Áurea Álvarez Varela, nada o 13 de xullo de 1915 en Monterroso e finada no ano 2008, foi unha científica galega, pioneira das estudantes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
O seu pai era José Álvarez Cabana, natural tamén de Monterroso e avogado de profesión. A nai chamábase Sofía Varela Cabana e era de Palas de Rei. Cursou estudos de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela entre 1931 e 1936.[1] Foi profesora e deu clases en Vilalba (Lugo).[2]
Casou con Javier Teijeira Brunet,[2] que coñeceu cando eran estudantes. Tivo 7 fillos: Áurea, Gerardo, Javier, José Manuel, Rafael, Lourdes e Mª Jesús.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía