Álvaro Rey Feijóo Raviña, nado en Santiago de Compostela, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1903). Exerceu como avogado e despois foi funcionario de Facenda. Foi correspondente en Santiago de Compostela de Brasil en España,[1] colaborou en Gaceta de Galicia e foi o primeiro director do periódico Voz del Pueblo. Despois da guerra civil foi xefe de Negociado de Facenda en Madrid e colaborou en El Compostelano. Foi autor do apropósito Entre reclutas (1914).[2]
Notas
- ↑ La Correspondencia Gallega, 31-3-1909, p. 3.
- ↑ Diario de Galicia, 29-3-1914, p. 3.