Žan Mark Šiško, nado o 29 de xuño de 1997 en Liubliana, é un xogador esloveno de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Olimipija, actualmente non ten equipo despois de abandonar o Río Breogán da Liga ACB por motivos persoais.[1] Cunha altura de 1,91 m, xoga na posición de base.[2]
Traxectoria
Nado en Liubliana, Šiško comezou a súa carreira profesional co principal equipo do seu país, a Union Olimpija, facendo a súa estrea oficial co primeiro equipo en marzo de 2014 aos 16 anos.[2] Durante a temporada 2015−2016, pasou formar parte da Cibona, debutanto o 1 de novembro de 2015 na Liga do Adriático conta o Igokea, rematando o encontro con 11 puntos e 3 asistencias. O 28 de decembro de 2019, Šiško asinou un contrato co club Bayern München. En xullo de 2022, Šiško renovou o seu contrato co Bayern por outros dous anos, aínda que en novembro de 2022 foi apartado do equipo por motivos persoais durante o resto da tempada. Após finalizar a temporada, o 21 de xuño de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Club Baloncesto Breogán da Liga ACB,[1] club que abandoa por motivos persoais o 27 de setembro de 2023.
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas