Český sen

Xente dirixíndose cara ao hipermercado ficticio
Ficha técnica
Título orixinalČeský sen
DirectorVít Klusák
Filip Remunda
ProdutorČeská televize
FAMU
Hypermarket Film
Studio Mirage
GuiónVít Klusák
Filip Remunda
MúsicaVarhan Orchestrovich Bauer
FotografíaVít Klusák
Filip Remunda
MontaxeZdeněk Marek
Estrea3 de xuño de 2004
Duración90 minutos
OrixeRepública Checa
XéneroDocumental
Orzamento19 millóns de coroas checas
Na rede
http://www.ceskatelevize.cz/specialy/ceskysen
IMDB: tt0402906 Filmaffinity: 876350 Allocine: 60633 Allmovie: v310067 TCM: 643029 Metacritic: movie/czech-dream Netlix: 70056718 Editar o valor en Wikidata

Český sen (en checo O soño checo) é un filme documental dirixido por Vít Klusák e Filip Remunda, estreado en febreiro de 2004. Narra un engano a grande escala levado a cabo polos propios directores entre a sociedade de Praga, culminando no evento de apertura dun falso hipermercado. O filme era o seu proxecto final para a escola de filme na que estudaban.

O filme acadou premios en festivais en Cracovia, Jihlava, Liubliana e Århus.

O proxecto

A idea do engano veu desde un estudo feito en 2002, informando que o 30 % dos checos mercaba principalmente nos hipermercados. Houbo unha crecente preocupación no país sobre o aumento da publicidade e do consumismo. Ao xeito dun espello que reflectise a sociedade, o filme tamén mostra o traballo das empresas publicitarias e os seus métodos e trucos.

Trama

A película comeza con imaxes de arquivo de 1989, cando a caída do comunismo en Checoslovaquia.

Publicidade

Remunda e Klusák inventaron o Hipermercado "Český sen" e crearon unha campaña publicitaria masiva arredor del. Vestidos coma empresarios, os dous estudantes contrataron unha axencia de publicidade e unha axencia de relacións públicas para crearen unha campaña para eles. Instaláronse carteis grandes e paneis luminosos nas estradas e rúas checas, e 200.000 panfletos foron distribuídos en Praga. Gravouse un jingle e fíxose unha serie de anuncios televisivos. A campaña publicitaria buscaba un impacto no lector, con slogans coma "non veña" ou "non gaste".

Os directores lograron levar a 3.000[1] compradores a unha chaira baleira para a súa "apertura espléndida" o 31 de maio de 2003. O que parecía un edificio enorme desde unha certa distancia, era só unha fachada de tea apoiada por estadais.

Malia que a inauguración estaba prevista para as 10 da mañá, a primeira clienta chegou 3 horas antes. A afluencia de xente foi aumentando, debido á coincidencia cun eclipse de Sol que tivo lugar esa mañá e que animou á xente a saír da casa.

A revelación do engano

Antes da inauguración repartíronse agasallos entre os asistentes (bandeiras e chaveiros), e un mestre de cerimonias desde unha palestra animaba a concorrencia a cantar o jingle. Os directores, ficticios xerentes do hipermercado, cortaron unha fita e a xente comezou a dirixirse cara ao hipermercado (algunhas persoas mesmo correndo), situado a uns 300 metros.

Ao se decataren os clientes do engano, as reaccións foron moi diferentes. Houbo quen entendeu a mensaxe da película e quen non. Algúns tomaron a brincadeira con bo humor, mais a maioría estaba enfadada, e moitos culpaban mesmo ao goberno e á Unión Europea.

Notas

  1. Czech Television, 14 de maio de 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas