Últimas cartas de Jacopo Ortis[1] (en italiano: Ultime lettere di Jacopo Ortis) é a novela máis importante de Ugo Foscolo, escrita entre 1798 e 1802.[2]
Está considerada a primeira novela epistolar da literatura italiana. Consiste na reprodución das cartas do protagonista, Jacopo Ortis, por parte do seu destinatario, o editor e amigo Lorenzo Alderani. Este último, tras o suicidio de Jacopo, exponas de maneira cronolóxica ao tempo que lles engade un proemio e mais unha conclusión. Está vagamente inspirado nun feito real, segundo o modelo literario fixado n'As mágoas do mozo Werther (1774) por Johann Wolfgang von Goethe.