Óscar Aranda Subiela, nado en Huétor Vega (Granada) o 29 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como extremo no Famalicão da Primeira Liga de Portugal.
Traxectoria
Irmán do tamén futbolista Antonio Aranda, comezou ao xogar ao fútbol na canteira do Huétor Vega, antes de ingresar en 2012 nas categorías inferiores do Granada. A continuación pasou polas canteiras do Málaga, do Granada novamente e do Real Madrid.
O 21 de febreiro de 2021 debutou co Real Madrid Castilla na Segunda División B, nun partido ante a UD Poblense.[1] O 8 de agosto de 2023 asinou por tres tempadas co Famalicão da Primeira Liga de Portugal.[2]
Notas