Ó leste do Edén (en inglés: East of Eden) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Elia Kazan, baseado vagamente na novela homónima de John Steinbeck de 1952. Está protagonizado por Julie Harris, James Dean e Raymond Massey.
O filme, xunto con Rebel Without a Cause e Xigante, foi declarado polo American Film Institute como un dos 400 filmes estadounidenses de todos os tempos.[2] En 2016 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.
Foi emitido na TVG o 23 de agosto de 2002.[3]
Argumento
En Salinas (California) vive un taciturno agricultor de leitugas, Adam Trask cos seud dous fillos, Cal e Aron. Cal é rebelde, problemático e falcatrueiro, mentres que Aron é tranquilo e traballador. Porén, a moza de Aron, Abra, e o vello shériff local, Sam, saben que Cal ten bo fondo. Entre os irmáns existe unha rivalidade pola atención e o afecto do pai. Un día, o destino leva a Cal a descubrir que a súa nai, Kate, que el e o seu irmán crían morta, realmente vive administrando un bordel en Monterrey.
O pai decide investir todo o seu capital no arriscado negocio de transportar a súa produción de leitugas a Nova York por ferrocarril, nun vagón refrixerado, mais o plan fracasa e queda na ruína económica. Nun intento de axudar o seu pai e gañar a súa atención, Cal decide investir nunha sementeira de feixóns pedindo axuda financeira á súa nai. Aproveitando a alza do prezo dos feixóns debido ao inicio da primeira guerra mundial, o seu negocio ten éxito. Cal ofrece os cartos gañados ao seu pai, que o rexeita debido a que o considera aproveitamento da guerra.
Elenco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- East of Eden resource guide by Automation Librarian Terry Ballard