Íñigo Melchor de Velasco, nado en Madrid o 16 de abril de 1635 e finado o 29 de setembro de 1696, foi un aristócrata castelán, VI Duque de Frías e Condestable de Castela, que desempeñou o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia entre 1658 e 1661.
Traxectoria
Foi fillo primoxénito de Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, de quen herdou os títulos nobiliarios de VII duque de Frías, IV marqués de Berlanga e IX conde de Haro e o emprego de Condestable de Castela, e da súa muller Isabel María de Guzmán y Guzmán.[1]
Seguiu a carreira militar e participou co grado de xeneral na guerra de Cataluña baixo as ordes de Xoán Xosé de Austria, e na guerra de separación de Portugal como Capitán Xeneral de Galicia.
Entre 1668-69 desempeñou o cargo de gobernador dos Países Baixos españois, posto que deixou para regresar a España en calidade de conselleiro de estado e de guerra. En 1671 foi nomeado Presidente do Consello de Ordes, e catro anos despois do Consello Supremo de Flandres. En 1676 foi designado Mordomo maior do rei Carlos II.[2]
Matrimonios e descendencia
Casado primeira vez con Josefa Jacinta Fernández de Córdoba y Figueroa, nada en Montilla o 19 de setembro de 1627 e finada en 1664, filla de Alonso Fernández de Córdoba e Enríquez de Ribeira, V marqués de Priego, e da súa muller e curmá Juana Enríquez de Ribeira e Téllez-Girón, sen descendencia.
Casado segunda vez con María Teresa de Benavides Dávila y Corella (c. 1640 - 1702), filla de Diego de Benavides da Cueva e Bazán, VIII conde de Santisteban do Porto, e da súa muller Antonia Dávila e Corella, VII marquesa das Navas, X condesas de Consentayna, e viúva, casada o 22 de xullo de 1660, de Luís Ramón Folch de Cardona de Aragón y Fernández de Córdova, VI duque de Segorbe etc, de quen tivo dous fillos e unha filla:
Fóra do matrimonio tivo un fillo:
Notas