San Xoán de Éntoma é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barco de Valdeorras. Segundo o IGE en 2014 tiña 319 habitantes (152 homes e 167 mulleres), un menos ca en 2004 (163 homes e 157 mulleres, segundo o padrón municipal) e 24 menos ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación.
Patrimonio
Está atravesada polo camiño real que ía desde Sobradelo até O Barco de Valdeorras, polo que discorre tamén o camiño de Santiago. Consérvase unha ponte sobre o río Galir.[2][3]
Lugares e parroquias
Lugares de Éntoma
Parroquias do Barco de Valdeorras
Notas
Véxase tamén
Outros artigos