Ánxel Carramal Fernández, coñecido como Ánxel con X,[1] nado en Pontevedra en 1994, é un debuxante, ilustrador, psicólogo e escritor galego.[2]
Traxectoria
Graduado en psicoloxía na Universidade de Santiago, foi alumno da escola profesional O Garaxe Hermético.
En 2023 publica O caderno de rama, que trata sobre a guerra dende o punto de vista dun neno que, ante a barbarie e a destrución, atopa na creatividade e no debuxo o seu maior aliado.[3]
Obra
Premios
- Concurso Cíes Talent.[4]
- 2021: Premio ao mellor guión no Concurso de Cómics Cornellá.
- 2021: Primeiro Premio no Concurso de BD da Deputación de Pontevedra.
- 2022: Primeiro Premio de Banda Deseñada no Xuventude Crea.
- 2022: Premio O Garaxe Hermético e Banda Deseñada, 4º edición, por O caderno de rama.[5]
Notas