María Ángeles Tilve Jar, nada en Pontevedra o 2 de xullo de 1961, é unha conservadora de arte galega.
Traxectoria
É licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en Arte Moderna e Contemporánea.[1] A súa tese de licenciatura titulouse Aportación as estudio histórico-artístico de Arciprestazgo de Arousa (siglos XVI-XX).[2]
Ten publicado artigos en numerosos catálogos, libros e revistas, especializándose en pintura galega e española dos séculos XIX e XX.[3] Foi comisaria de varias exposicións, coma a Castelao en Europa. El viaje de 1921 e realizou labores de documentación, coordinación, secretaría e asistencia técnica en múltiples exposicións.[1]
Desde 1987 traballou no Museo de Pontevedra, ata 2023 como conservadora de fondos xerais e responsable da área de Coleccións.[4] Substituíu a José Manuel Rei.
En 2016, xunto con José Manuel Castaño, identificou na casa da familia Domínguez Lino os orixinais do Álbum Nós de Castelao, que foron adquiridos e pasaron ao fondo do Museo.[5]
En setembro de 2023 foi nomeada Directora do Museo de Pontevedra[6], a primeira muller na historia do centro.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Traballos na rede:
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Davila, Nicolás (2023-09-20). "Ángeles Tilve Jar, nueva directora del Museo de Pontevedra". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-20.
- ↑ Mella, Ramón (2023-09-20). "El Gobierno de la Diputación elige a Ángeles Tilve Jar como nueva directora del Museo de Pontevedra en sustitución de José Manuel Rey". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-09-20.
- ↑ "Ángeles Tilve, primeira muller á fronte do Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. 2023-09-20. Consultado o 2023-09-20.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2023-09-20). "Ángeles Tilve Jar convértese na primeira muller en dirixir o Museo de Pontevedra". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-09-20.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2023-09-21). "A Deputación cesa a Xosé Manuel Rey como director do Museo e substitúeo por Ángeles Tilve". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-09-21.
- ↑ "La Diputación cesa al director del Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, y nombra a Ángeles Tilve". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-09-20. Consultado o 2023-09-20.