Traballou na consultaría de Administración Pública antes de dedicarse á escrita de novela tipo thriller.[2]
En 2021 publicou El silencio de las olas. Conta a historia de Adela Roldán, cuxa vida se ve afectada polo pesadelo que a atormenta desde a infancia e a leva a unha aldea galega para investigar. En 2022 seguiu con La conjura de la niebla, que mestura a superstición e as lendas galegas coa investigación e un segredo familiar[3], a desaparición dunha adolescente, que sacode a pequena localidade de Illa de Cruces -unha illa ficticia inspirada na Illa de Arousa-.[4] En 2023 saíu La sombra de la rosa na que explora o terreo dos autores malditos e xunta misterio, intriga, crime, segredos familiares e relacións públicas[5], unha historia chea de misterio e malditismo ambientada na Illa de Cortegada.[6]
Obra
El silencio de las olas (2021). Debolsillo. 664 páxs. ISBN 9788491295051.