Como 'mestre nazonal' defendeu o uso do galego no ensino, e o uso por riba das guerras normativas do momento. Foi Premio extraordinario de maxisterio no 1933.[2] Colaborou con certa asiduidade no periódico A Nosa Terra con poemas e artigos.
Vida persoal
Casou con Generosa Moreno Rodrigo, non tiveron descendencia.[3] Tras a súa morte, en 1966, a súa viúva creou unha fundación que capitalizou con 323 981,02 pesetas e seguiu nutrindo, pero non se sabe que chegase a desenvolver actividade.[1][3]