Ángel Martínez-Puga

Modelo:BiografíaÁngel Martínez-Puga
Biografía
Alcalde de Baleira
2013 –
← Francisco Acal Eiros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Baleira Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata

Ángel Enrique Martínez-Puga López é un médico e político galego do Partido Popular, que dende o 2013 é alcalde de Baleira.

Traxectoria

Médico de profesión. Concorreu como número dous da candidatura do PPdeG á alcaldía de Baleira nas eleccións municipais de 2011, foi elixido concelleiro e nomeado primeiro tenente de Alcalde. O 6 de xuño de 2013 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Francisco Acal Eiros.[1][2] Nas posteriores eleccións de 2015, 2019[3] e 2023,[4] conseguiu mante-la alcaldía con maiorías absolutas.

Notas

  1. Ángel Martínez toma as rendas do Concello de Baleira
  2. López, Laura (6 de xuño de 2013). "Baleira ya tiene alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024. 
  3. "Provincia de Lugo - Municipio de Baleira". Ministerio do Interior. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2019. Consultado o 5-6-2019. 
  4. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

Outros artigos


Predecesor:
Francisco Acal Eiros
 
Alcalde de Baleira
 
2013 - actualidade
Sucesor:
no cargo