Álvaro Landeira Martínez foi un político galego.
Traxectoria
Funcionario de Telégrafos destinado en Vilagarcía de Arousa en 1934, e despois en Pontevedra. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo durante seis meses.[1] Nos anos cincoenta era xefe de Telégrafos de Ribeira. Logo da morte de Miguel Rodríguez Bautista, sucedeuno Andrés Filgueira Paz como alcalde interino e posteriormente foi nomeado alcalde de Ribeira polo gobernador civil Evaristo Martín Freire. Ao acto de toma posesión asistiu o marqués de Revilla, Joaquín Otero Goyanes. Permaneceu no cargo até 1963. Foi deputado provincial polo distrito de Noia de 1961 a 1963.[2]
Vida persoal
Casou en Ribeira con Milagros Fariña Puente en setembro de 1934,[3] e foi pai de Milagros e Álvaro Landeira Fariña.
Notas
- ↑ BOE, 9-5-1937, p. 1.
- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 27-3-1961, p. 9.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-9-1934, p.2.