Á deriva (en inglés: Adrift) é un filme de 2018 dirixido por Baltasar Kormákur e escrito por David Branson Smith, Aaron Kandell e Jordan Kandell. O filme baséase no libro de 2002 Red Sky in Mourning de Tami Oldham Ashcraft, unha historia real ambientada durante o Furacán Raymond en 1983. Está protagonizado por Shailene Woodley e Sam Claflin como unha parella que está á deriva no medio do océano Pacífico despois dun furacán, e debe atopar o camiño cara a Hawai cun barco danado e sen radio. Á deriva estreouse nos Estados Unidos o 1 de xuño de 2018 a través de STXfilms e recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou as interpretacións e a fotografía mais criticou a narrativa familiar.[3][4]
Estreouse en galego o 26 de xullo de 2023 a través da TVG.[5][6]
Personaxes
Notas