Zen Arcade é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Hüsker Dü, editado en xullo de 1984 a través do selo SST Records. Orixinalmente publicado como un disco dobre en dous vinilos, Zen Arcade conta a historia dun neno que escapa dunha vida familiar insatisfactoria, só para atopar que o mundo que hai fóra é aínda peor. O disco incorpora elementos de jazz, psicodelia, folk acústico, pop e interludios de piano, conceptos raramente tocados no mundo do hardcore punk.
Zen Arcade e os posteriores álbums de Hüsker Dü foron fundamentais na creación do xénero do rock alternativo; a banda posteriormente abandonaría a estética hardcore en favor de melodías post-hardcore e guitarras alternativas. Aínda que non foi un éxito comercial, a influencia de Zen Arcade foi máis aló da música underground, e é incluído con frecuencia en listas dos mellores discos de rock and roll de todos os tempos. Inspirou a todas as bandas emo por chegar, como Rites of Spring ou Jawbreaker.
En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 13 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]
Listaxe de cancións
Cara 1 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Something I Learned Today" | Bob Mould |
1:58 |
2. |
"Broken Home, Broken Heart" | Mould |
2:01 |
3. |
"Never Talking to You Again" | Grant Hart |
1:39 |
4. |
"Chartered Trips" | Mould |
3:33 |
5. |
"Dreams Reoccurring" | Hüsker Dü |
1:40 |
6. |
"Indecision Time" | Mould |
2:07 |
7. |
"Hare Krsna" | Hüsker Dü |
3:33 |
Cara 2 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
8. |
"Beyond the Threshold" | Mould |
1:35 |
9. |
"Pride" | Mould |
1:45 |
10. |
"I'll Never Forget You" | Mould |
2:06 |
11. |
"The Biggest Lie" | Mould |
1:58 |
12. |
"What's Going On" | Hart |
4:23 |
13. |
"Masochism World" | Hart/Mould |
2:43 |
14. |
"Standing by the Sea" | Hart |
3:12 |
Cara 3 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
15. |
"Somewhere" | Hart/Mould |
2:30 |
16. |
"One Step at a Time" | Hart/Mould |
0:45 |
17. |
"Pink Turns to Blue" | Hart |
2:39 |
18. |
"Newest Industry" | Mould |
3:02 |
19. |
"Monday Will Never Be the Same" | Mould |
1:10 |
20. |
"Whatever" | Mould |
3:50 |
21. |
"The Tooth Fairy and the Princess" | Mould |
2:43 |
Cara 4 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
22. |
"Turn on the News" | Hart |
4:21 |
23. |
"Reoccurring Dreams" | Hüsker Dü |
13:47 |
Notas