Zefiro 23 é a designación do motor foguete usado polo lanzador europeo Vega na súa segunda etapa.[1]
Características
O motor Zefiro 23 usa o propelente sólido HTPB 1912. Foi desenvolvido pola empresa Fiat-Avio para introducir tecnoloxías de baixo custo en foguetes de propelente sólido para ser reutilizadas en futuras evolucións do foguete Ariane 5. Entre as novas tecnoloxías usadas están o uso dunha carcasa de epoxy-grafito de 3 metros de diámetro, o uso de goma de baixa densidade para o illamento interno, unha baixa proporción de ligante e unha alta proporción de aluminio no propelente, unha tobeira simplificada que fai uso dun material lixeiro a base de carbono fenólico, un acendedor consumible e control vectorial da tobeira mediante un dispositivo electromecánico que fai uso de baterías de ión litio.[1]
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Mark Wade (2022). "Zefiro 23" (en inglés). Consultado o 11 de abril de 2022.
Véxase tamén
Outros artigos