Yuan Shu-chi, nada o 9 de novembro de 1984, é unha arqueira olímpica da República da China.
Representou á República da China nos Xogos Olímpicos de 2004, nos cuartos de final venceu a Yun Mi Jin de Corea do Sur, na semifinal a súa rival foi a tamén coreana Lee Sung Jin, perdeu e pasou a loitar polo bronce coa británica Alison Williamson, á que tampouco foi capaz de vencer, quedando cuarta e fóra das medallas. Así e todo Yuan foi medalla de bronce na competición por equipos, xa que a China Taipei quedou terceira nesa competición.