Ю, ю (cursiva Ю, ю) é unha letra do alfabeto cirílico. É a vixésimo novena letra no alfabeto búlgaro, a trixésimo primeira no alfabeto belaruso, e a trixésimo segunda no alfabeto ruso e ucraíno.
Orixes
Á parte da forma I-O, en manuscritos primitivos en antigo eslavo eclesiástico a letra aparece tamén na súa forma reflectida O-I (Ꙕ, ꙕ). É esta a forma que probablemente sexa a orixinal, representando fielmente a combinación grega οι (ómicron-iota). Nos tempos nos que o alfabeto grego foi adaptado ao antigo eslavo eclesiástico (dando lugar ao alfabeto cirílico), este dígrafo representaba a vocal pechada anterior redondeada /e/ no grego culto. O dígrafo οι era tan básico para os falantes de grego que a letra υ (ípsilon) que representaba o mesmo son pasou a chamarse υ ψιλόν (e psilon), υ "simple" en contraste con οι "complexa".
Probablemente, de maneira análoga ás outras letras iotizadas "de Iota, Ѥ, ІА (cirílico), Ѩ (cirílico) e Ѭ (cirílico), que cumprían funcións similares no antigo eslavo eclesiástico, esta ligadura OI foi pronto reflectida á súa forma actual ю.
Uso
Representa a vogal iotizada /ju/, ou /ou/ despois dunha consoate palatalizada.
Táboa de códigos
Codificación de caracteres
|
Tipo
|
Decimal
|
Hexadecimal
|
Octal
|
Binario
|
Unicode
|
Maiúscula
|
1070
|
042E
|
002056
|
0000 0100 0010 1110
|
Minúscula
|
1102
|
044E
|
002116
|
0000 0100 0100 1110
|
ISO 8859-5
|
Maiúscula
|
206
|
CE
|
316
|
1100 1110
|
Minúscula
|
238
|
EE
|
356
|
1110 1110
|
KOI 8
|
Maiúscula
|
224
|
E0
|
340
|
1110 0000
|
Minúscula
|
192
|
C0
|
300
|
1100 0000
|
Windows 1251
|
Maiúscula
|
222
|
DE
|
336
|
1101 1110
|
Minúscula
|
254
|
FE
|
376
|
1111 1110
|
Os seus códigos HTML son: &1070
; ou Ю para a minúscula e &1102
; ou &x44E
; para a minúscula.