Yago Álvarez Barba, nado no Porriño en 1980, é un xornalista e opinador galego especializado en temas económicos.
Traxectoria
Aínda que naceu no Porriño a súa familia mudouse a Valencia. Licenciouse en Administración e Dirección de Empresas na Universidade Politécnica de Valencia. En 2012 abriu un blog co nome de Economista Cabreado[1], onde contaba elementos de política económica dende a súa posición esquerdista. En 2014 fundou o medio El salmón contracorriente, un xornal económico de posicións de esquerda. Logo de dous anos de traballo independente, en 2017 El salmón contracorriente fusionouse con outros micromedios no xornal El Salto, onde Álvarez Barba coordinou a área económica.
Ten participado en parladoiros económicos en TVE, La Sexta, Cuatro, TV3, ETB ou Canal Red. Tamén foi activista en organizacións como Auditoría Ciudadana de la Deuda, Plataforma por una Justicia Fiscal, Plataforma contra los Fondos Buitre ou Economistas sen Fronteiras.
Obras
- Pescar el salmón (libro, Capitán Swing, Madrid, 2023).
- ¿Quién ha hipotecado mi ayuntamiento? (documental, visible en YouTube, 2019).
Notas