No decreto, regulábase a súa periodicidade semanal e o seu funcionamento[3]. Floridablanca acompañou o decreto cunha "Instrución reservada", redactada por el a instancias do rei, que recollía un detallado programa de 395 puntos susceptibles de ser tratados na Xunta: morgados, cuestións relixiosas (reorganización das dioceses, Inquisición...), cuestións de Indias en xeral, mellora da Facenda (impostos, renda do tabaco, renda do sal...), política exterior (con Venecia, Inglaterra, Portugal...), etc.[4]
Cunha orde do día previamente fixado debatíanse os asuntos de goberno, para establecer criterios de orde xeral e dilucidar as cuestións de competencia que puidesen xurdir. As sesións celebrábanse habitualmente os luns, e extraordinariamente calquera día se algún asunto requiríao. Tiña só carácter consultivo e non existía presidencia, porque se entendía que o era o rei[5] e, como non asistía, de feito era o conde de Floridablanca quen dirixía as reunións, albergadas na sede da súa secretaría de Estado, polo que tamén de podía deducir a relevancia deste Departamento sobre os demais.[6] O secretario sería o mesmo có do Consello de Estado.
Pode afirmarse que ao estar presentes os titulares das diferentes secretarías (aínda que, excepcionalmente, podía asistir outras persoas), configurouse como o "primeiro Consello de Ministros na historia do país".[4][7] A primeira xuntanza formouse coa asistencia de: Floridablanca (secretario de Estado e Graza e Xustiza), Caballero (de Guerra), o conde de Lerena (de Facenda), frei Antonio Valdés (de Mariña, Guerra, Facenda, Comercio e Navegación de Indias) e Antonio Porlier y Sopranis (de Graza e Xustiza de Ultramar).[8]
A Xunta, moi criticada durante a súa existencia, non sobreviviu ao seu inspirador. O día que este foi substituído polo conde de Aranda, foi suprimida (28 de marzo de 1792).
Escudero, José Antonio (2001). Los orígenes del Consejo de Ministros en EspañaI. Madrid: Ed. Complutense /Colegio Universitario de Segovia. ISBN84-7491-595-3.
Suárez Fernández, Luis; Corona, Carlos E.; Baratech, José Antonio; Armillas, Vicente (1990). Historia general de España y América: La España de las reformas. Hasta el final del reinado de Carlos IVX–2. Madrid: RIALP. ISBN84-321-2106-1.