Foi amigo de Ramón María del Valle-Inclán. Afeccionado ós estudos históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os artigos "O monopolio do comercio do diñeiro"[3] e "Un punto de vista do nazonalismo":[4]
“
Fai falla pol-o tanto nos críticos momentos autuás unha nova regra xurídica que regule as relaciós das naciós particulares que conviven dentro de cada estado, e tamén dos diferentes grupos tormados pol-as comunidás de traballo. Pra conseguilo, craro está, que é de necesidá entrar de cheo n-un período costituyente, pois pra que semellante revolución sexa eficaz desde os primeiros momentos terá que ser incruenta […].
”
— Julio A. Cuevillas, "Un punto de vista do nazonalismo". Maio 1922.[4]