Xosé Manuel López Tuñas, nado en Negreira o 15 de xaneiro de 1948, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
Mestre de EXB no Colexio de Negreira. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 encabezando a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde. Foi destituído o 9 de xaneiro de 1987 ao prosperar unha moción de censura presentada pola oposición.[1] Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 e do 1991. Foi deputado provincial de 1987 a 1991.
Obras
- A flor da figueira, 2016.
Notas
- ↑ La Voz de Galicia, 10-1-1987, p. 20.
Véxase tamén
Outros artigos