En 2021 rodouse un documental producido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións sobre o papel de Vizoso en Sargadelos. Actualmente reside no concello coruñés de Brión.[2]
Primeiros pasos
Vizoso comezou a se interesar na pintura e na escultura desde cativo.[3]
“
Desde cativo deixeme encantar polos tipos máxicos e algo chalados que da a miña terra, aos que me gustaba retratar en debuxos coma, salvando ás distancias, Cunqueiro fixera coa súa literatura.
”
Estudou bacharelato artístico, e grazas ao escultor valenciano Juan Puchades, outrora o seu profesor de debuxo, comeza a se aadicar ás artes. Desde aquela comeza a alternar a súa formación con traballos eventuais, coma a labor no obradoiro dos Lichos en San Lázaro ou a restauración da catedral de Mondoñedo entre 1966 e 1968. Xa no mesmo 1966 participara na ilustración dalgún libro.
Vizoso foi, xunto con Xosé Díaz, un dos principais deseñadores de Sargadelos. Os primeiros contactos foron en 1968, cando Vizoso deu cun anuncio dunha oferta de traballo publicado no xornal luguésEl Progreso. Desde entón comezou a traballar para a empresa cerámica, sendo mesmo a man dereita de Isaac Díaz Pardo, propietario da compañía.
A súa obra na empresa foi moi prolífica, con centos de carteis, cerámicas e ilustracións, caracterizadas por un estilo ligado ao rural galego, a súa cultura e as súas tradicións.[4]