Xosé Regueira Varela, nado en Carballo o 4 de agosto de 1967,[1] é un político galego do BNG e actual vicepresidente da Deputación da Coruña.
Traxectoria
Militante do Bloque Nacionalista Galego, entre os anos 1999 e 2007 foi responsábel do partido nacionalista na comarca de Bergantiños, responsabilidade que retomou no ano 2016[2].
Actualmente é concelleiro do BNG en Carballo e concelleiro delegado de promoción económica e turismo. Desde xuño do 2019[3] é vicepresidente da Deputación da Coruña, onde ten a responsabilidade nas materias de cooperación, plans provinciais xerais, turismo e patrimonio histórico e cultural[4].
Notas