Xosé Manuel Rodríguez Martínez, nado en Escairón (O Saviñao) en 1940, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Salamanca, participando nas loitas estudantís universitarias dos anos 64 e 68. Durante o franquismo formou parte da primeira dirección dos Comités de Axuda á Loita Campesiña. Impulsor do Sindicato Agrario Galego-Comisións Labregas na comarca sur de Lugo dende 1975. Militante da UPG, foi concelleiro no Saviñao dende 1979. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a Candidatura Independente do Saviñao e foi elixido concelleiro. Foi elixido alcalde grazas ao apoio dos cinco concelleiros de Alianza Popular, que o votaron para impedir que lograse a maioría o PSOE. En 1989 foi substituído por unha moción de censura encabezada por Castor Montes Suárez. Posteriormente foi portavoz do grupo municipal do BNG ata o 2011. Foi candidato ao Congreso polo BNG na provincia de Lugo nas eleccións xerais de 1993 e 2000. Animador da vida sociocultural no Saviñao a través da asociación Xan de Forcados.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas