Xosé Manuel Golpe Acuña, nado en Irixoa en 1972,[1] é un consultor enerxético e político do BNG.
Traxectoria
Carreira profesional
É un consultor enerxético que traballa na Fundación Enerxética da Deputación da Coruña.[2] É experto en comunidades enerxéticas sobre as que ten orientado a varios concellos galegos como O Rosal.[3] Forma parte da dirección de Nosa Enerxía, Sociedade Cooperativa.
Carreira política
Foi concelleiro en Cabanas entre 2007 e 2011, e nas eleccións municipais de 2023, presentouse de número 5 na candidatura do BNG por Cabanas,[4] onde reside. Nas eleccións para o Parlamento galego de 2024, presentouse como número 9 nas listas pola provincia da Coruña e saíu elixido.[1]
Obras
- Golpe Acuña, Xosé Manuel (coord.) (2012). "El LED en proyectos de mejora de la eficiencia energética". En Blanco Silva,, Fernando; Giz Novo, Xesús (coord.). Mantenimiento sostenible y eficiencia energética: ponencias del II Congreso Interuniversitario. Serie: CURSOS E CONGRESOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, Nº. 214. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela,. pp. 95–112. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2024. Consultado o 29 de febreiro de 2024.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos