Os Xogos Náuticos Intercélticos son unha competición deportiva internacional que se organiza con carácter anual e onde participan un catálogo pechado de estados, nacións e rexións da Europa atlántica.
Organización
Os Xogos Náuticos Intercélticos foron creados en 1995 na Bretaña e neles dispútanse competicións de vela, remo, mergullo, surf e piragüismo.
As entidades xeográficas participantes son: Asturias, Bretaña, Canarias, Cornualla, Escocia, Euscadi, Gales, Galicia, Illa de Man, Irlanda e Portugal.
Os Xogos Náuticos Intercélticos van acompañados de distintas celebracións culturais.
Edicións dos Xogos