Escudo dos condes de Borgoña a partir de 1280
Xoana III de Borgoña , nada en 1308 e finada en 1347 , foi condesa de Borgoña e Artois (1330 - 1347 ) e duquesa consorte de Borgoña (1318 - 1347 ).
Traxectoria
Orixes familiares
Naceu o 2 de maio de 1308 , filla máis vella do rei Filipe V de Francia e da condesa Xoana II de Borgoña . Era neta por liña paterna do rei Filipe IV de Francia e a raíña Xoana I de Navarra , e por liña materna do conde Odón IV de Borgoña e de Matilde de Artois .
Matrimonios e descendentes
Casou co duque Odón IV de Borgoña o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine . Desta unión naceron:
Condado de Borgoña
En 1330 á morte da súa nai Xoana II de Borgoña herdou o condado de Borgoña , ao mesmo tempo que o seu marido foi nomeado, uníndose así os dous títulos da rexión de Borgoña .
Xoana III de Borgoña morreu o 13 de agosto de 1347 , sendo sepultada na abadía de Fontenay .
Véxase tamén