Coñécese tamén como Xoán II de Aragón, xa que na arquidiocese cesaragustana houbo outro arcebispo anterior co mesmo nome, Xoán I de Aragón,[1] fillo ilexítimo de Xoán II de Aragón e duna dama da familia Avellaneda, que pontificou entre 1458 e 1475.[2]
En 1520, o rei Carlos I presentouno ao papaLeón X para que fose promovido ao arcebispado de Zaragoza, vacante tras a morte de seu pai Afonso, a pesar de que, tal como ocorrera no caso paterno, Xoán de Aragón só tomara as ordes de diácono. Despois da pertinente autorización do papa, tomou posesión da dignidade arcebispal o 10 de xuño dese mesmo ano.[4]
Na Corte arcebispal de Zaragoza, e baixo a protección de Xoán de Aragón, comezou a súa carreira eclesiástica e cortesá o seu sobriño, o futuro San Francisco de Borja.[3][5]
O 23 de marzo de 1523 chegou de visita a Zaragoza o papa Hadrián VI, que permaneceu varios día aloxado no Palacio da Aljafería, e o arcebispo Xoán de Aragón agasallouno e organizou fastuosas festas durante a estancia do papa na capital aragonesa.[4]
A morte sorprendeuno en Madrid, onde se encontraba esperando instrucións do emperador, de quen foi un leal colaborador en materia de goberno e de relixión.[2]
O seu cadáver foi trasladado a Zaragoza, ao Mosteiro de Santa Engracia, para ser traladado e sepultado despois no presbiterio, diante do altar maior, da catedral de Zaragoza.[4]
↑ 3,03,1Morales Roca, Francisco Javier (1999): Prelados, abades mitrados, dignidades capitulares y caballeros de las Órdenes Militares habilitados por el brazo eclesiástico en las Cortes del Principado de Cataluña. Dinastías de Trastámara y de Austria. Siglos XV y XVI (1410-1599). Tomo I. Madrid: Hidalguía. ISBN 84-8085-115-8, páx. 89.
Sebastián Lozano, Jorge (2011): "Francisco de Borja, de criado a maestro espiritual de las mujeres Habsburgo". En: San Francisco de Borja, Grande de España, Arte y espiritualidad en la cultura de los siglos XVI y XVII. ISBN 978-84-92542-35-2.