Manuel Julián Roel López-Sevilla, coñecido como Xiao Roel, nado en Vigo e finado na cidade da Coruña en agosto de 2020, foi un profesor, escritor e tradutor galego.
Traxectoria
Fixo o bacharelato no Colexio Apóstol Santiago de Vigo e estudou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Cando era estudante foi detido acusado de insultar ao conserxe da Facultade de Xeografía e Historia.[1] Foi profesor de Latín na educación secundaria no IES de Ortigueira e no IES do Castro de Vigo.
Colaborou en Rosalinda,[2] Dorna e A Traba de Ouro.
Vida persoal
Casou con Ana María Pola Gómez e foi pai de Dafne Roel Pola.[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas