Xesús Bermúdez Tellado, nado en Betanzos en 1966, é un lingüista e poeta galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela,[1] reside entre Ames e Pol, e traballa como lingüista profesional.[2]
Obra
A súa obra, de corte clásico, bebe segundo o autor da influencia de poetas como Darío Xohán Cabana ou Modesto Fraga:[3]
- Viaxe sen cancelas (Redelibros, 2012)[4]
- O silencio dos teus ollos (Pábilo Editorial, 2021)[5]
Notas