Xesta (homónimos)
O termo xesta pódese referir a:
Botánica
- Nome común de multitude de arbustos e gamallos que poden atoparse en Galicia, principalmente de dous xéneros:
- Xénero Cytisus:
- Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar. xesta de Ons é un endemismo exclusivo da Illa de Ons, Sálvora e Vionta. Descrita no ano 2001.
- Cytisus scoparius (L.) Link, xesta brava, a máis común. Outros nomes: xesta, xesta de vasoiras, xesta mansa, xesta amarela, xesta molar, xesta moura.
- Cytisus striatus (Hill) Rothm, xesta molar, xesta mansa, xesta femia, xesta moura, abundante en Pontevedra e Ourense, estrías nas pólas e legumes aveludados.
- Cytisus multiflorus, xesta branca, as flores son brancas, común nas zonas altas de Lugo e Ourense.
- Cysitus ingramii, do norte de Galicia, flores en dous tons de amarelo.
- Xénero Genista (coñecidos máis ben coma piornos):
- Genista berberidea Lange, xesta das brañas, en terreos lamacentos, turbeiras, endémica galega e do norte de Portugal. Distinguible polas follas trifoliadas, alternas glaucas, co nervio medio moi marcado e rematado nun pincho, e cos dous folíolos laterais transformados en espiñas.
- Genista triacanthos, tamén de brañas, turbeiras. Flores alaranxadas e numerosas espiñas magras de 0,4 a 2 cm.
- Genista florida L., piorno, xesta pudia, xesta branca (non é branca)
- Genista micrantha Ortega, sen espiñas, moi miúda, en prados e queiroais, flores amarelas en acios terminais.
- Genista falcata, piorno falcata.
- Genista tinctorea, xesta tintureira.
- Genista hystrix, piorno espiñento.
- Genista sanabrensis, miúdo piorno espiñento, endemismo dos montes de Zamora, León e Pena Trevinca en Galicia.
- Genista anglica, na metade sur de Galicia, espiñenta nas súas pólas vellas pero sen espiñas nas máis novas, inflorescencias en acios curtos terminais de 5 a 15 flores sen peluxe, igual que os legumes.
- Genista obtusiramea, xesta de montaña, por riba dos 1400 m, gamallo sen espiñas de até 1 m de altura, e gran número de nós marcando as follas caídas, flores amarelas con estandarte e froitos aveludados.
- Nomes comúns:
- Xesta branca, xesta coa flor branca; normalmente a especie Cytisus multiflorus. A especie Genista florida ten vaíñas con pelos brancos por iso tamén se lle chama xesta branca. Ás veces a especie Osyris alba;
- Xesta negra, xesta negral , xesta coa flor amarela escura;
- Xesta rubia, xesta coa flor amarela.
- Xesta limesa, variedade de xesta coa flor amarela.
A formación de xestas denomínase xesteira ou xestal.
Topónimo
Ferramenta
- Xesta, utensilio para varrer, vasoira tradicional feita con feixes de xestas, buxo ou xibardas.
Fazaña
- Xesta, feito heroico, fazaña.
Peza
- Xesta, peza de madeira usada nos muíños para nivelar o pé.
Véxase tamén
Outros artigos
|
|