Foi sarxento no Batallón Cazadores de La Habana. Colaborou en Gaceta de Galicia e dirixiu en 1900 Las Riberas de Chantada.[3] Secretario do Círculo Católico de Obreros de Chantada en 1905,[4] foi propagandista do deputado Javier García de Leaniz. Colaborou en El Norte de Galicia, El Regional, La Región e Letras Regionales e foi redactor e administrador de El Eco de Santiago. Foi oficial do Concello de Redondela; funcionario de educación, traballou como oficinista na Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela. Cando pechou en setembro de 1924, foi destinado á Escola Normal de Valladolid, aínda que ao mes seguinte foi agregado á Secretaría da Universidade de Santiago de Compostela.[5] En 1921 gañou o certame literario na honra de Armando Palacio Valdés organizado polo Círculo San Fernando de Cádiz coa novela Lo que Dios quiere.[6] En 1925 obtivo o premio de novela curta de El Diario Español de Buenos Aires coa obra Dios te deje ir con bien.[7] Foi correspondente da Real Academia Galega.
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con Pastora Vázquez Cobas en 1899[8] e foi pai de María de la Paz e Alfonso Fernández Vázquez[9].