Foi un dos primeiros médicos en empregar os raios X en Lugo. Dos fillastros, os tres varóns saíron médicos e acabaron traballando co padrasto, no sanatorio Alonso-Pimentel da rúa Aguirre.
Vida persoal
En 1910 casou coa viúva Consuelo Fernández-Pimentel e foi padrasto dos irmáns Vázquez Fernández-Pimentel: Luís, Carlos, Xosé e Mercedes.
Publicacións
Ensayo sobre los jardines de la infancia: esquema tipológico, fisiológico y psíquico del párvulo
La tuberculosis en la escuela
Problemas sanitarios que plantea la emigración e inmigración en Galicia (1933)
Gómez Pereira, médico de cámara de Felipe II
Introdución ó Catálogo de las obras existentes en la Biblioteca Pública Provincial de Lugo, 1935.
Colaborou con poemas galegos na prensa da súa localidade.[5] Nos últimos anos traballaba nun estudo sobre Benito Xerónimo Feijoo.
Recoñecementos
A cidade de Lugo adicoulle o nome dunha rúa extramuros.