Aínda que as obras clave desta Xeración comezaron a aparecer en Madrid en 1927 -o cal xustificaría que fose denominado como xeración do 27, como pedía Oriol Bohigas, para relacionala coa xeración literaria-, a razón do cambio da data foi a Exposición Internacional de Artes Decorativas e Industriais de París, de 1925, que causou un grande impacto nos novos arquitectos madrileños.
Como consecuencia daquela impresión apareceron tres obras esenciais entre 1927 e 1928, que marcaron aquel período e definiron a esta Xeración: o Rincón de Goya, de Fernando García Mercadal, a gasolineira de Petróleos Porto Pi, de Casto Fernández Shaw e a Casa do Marqués de Villora, de Rafael Bergamín. Son o que Flores denominou “primeiras obras afíns ó movemento centroeuropeo renovador da arquitectura, isto é, vinculadas o que chamou posteriormente Movemento Moderno”.
Véxase tamén
Bibliografía
MIGUEL ÁNGEL BALDELLOU, Hacia una arquitectura racional española, Summa Artis, Tomo XL, Espasa-Calpe, Madrid 1995.
ORIOL BOHIGAS, Modernidad en la arquitectura española de la Segunda República, Tusquets Ed., Barcelona 1998.