Xermán Roxelio Abella Chouciño, coñecido como Xelucho Abella Chouciño, nado en Malpica de Bergantiños o 19 de xuño de 1945, é un teólogo, político e escritor de literatura xuvenil galego.
Traxectoria
Estudou no Seminario Hispano-Americano de Madrid e Universidade Pontificia de Salamanca. É licenciado en Teoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación. Deu clases no Instituto de Ensino Secundario de Ponteceso.
Foi concelleiro do PSG-EG nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.
Obra
- A cidade maldita (1991)
- Gundar e o cabalo de oito patas (1991)
- As aventuras de Pelusa (1998)
- A ermida do diaño (1998)
- Fuxiron por mar (2017)
Véxase tamén
Bibliografía