O Xardín do Turia (en valenciano: Jardí del Túria) é o parque municipal máis importante da cidade de Valencia. Trátase dun espazo verde, lúdico e cultural no centro da cidade, no que se poden atopar instalacións tanto deportivas coma de lecer.
Descrición
Creado en 1986 ocupa os últimos 10 km da antiga canle do río Turia, o que supón unha superficie de máis de 1.100.000 m² recuperados para uso dos cidadáns e visitantes. Como río que era, sitúase moitos metros por debaixo do nivel das rúas de arredores, o que fai necesarias moitas escaleiras que o comunican coas avenidas que o envolven. O seu límite polo oeste é o Parque de Capçalera no municipio de Mislata, e ao leste co mar Mediterráneo. É de titularidade municipal, e está dirixido por un ente denominado CulTuria.
Historia
No ano 1957Valencia viviu un dos episodios máis tráxicos da súa historia. O 14 de outubro de 1957 a gran riada de Valencia anegou a cidade e causou a morte de ao redor dun centenar de persoas. Despois deste desastre decidiuse que o río Turia non podía seguir pasando polo centro de Valencia polo perigo que supuña novas inundacións. De modo que en 1958 decidiuse trasladar o río a un lugar próximo desviándoo no chamado Plan Sur e converter a canle que atravesa a cidade nunha autoestrada urbana. Porén, a vella canle foi reclamada polos cidadáns como espazo verde para a cidade, polo que a antiga canle converteuse finalmente nun xardín público co paso dos anos, recibindo a intervención dos mellores equipos de urbanistas e deseñadores do momento. Ricardo Bofill deseñou o tramo de xardín na zona nobre da cidade, con laranxeiras e palmeiras, próximo ao Palau da Música. O equipo "Vetges Ti - Mediterrania" deseñou o tramo desde A Casa de l'Aigua até Nuevo Centro, incluíndo as instalacións deportivas e algunhas fontes. A Consellería de Agricultura deseñou o tramo do "Bosque Urbano" comprendido entre Nuevo Centro e a zona deportiva de Serrans, colocando miles de piñeiros. Posteriormente, realizouse o xardín de Gulliver.
Xa entrados no 2000, despois da inauguración da estación de metro de Alameda e a ponte chamada do Peite (antes pasarela de L'Exposició) acondicionouse o tramo próximo a esta estación colocando un areeiro con xogos e unha zona arborada útil para feiras e exposicións. A continuación, construíuse a ponte das Flores. Por último en 2007 acondicionouse o tramo do xardín entre o Parque de Capçalera e a Casa de l'Aigua. Na actualidade o parque é un lugar de encontro referente en Valencia con máis de tres millóns de visitantes anuais. Supera en dimensións a parques de París e outras grandes capitais europeas. O parque posúe integrado no seu interior a Cidade das Artes e as Ciencias, o Parque Gulliver, o Palau da Música, o Parque de Capçalera, o Bioparc e o Zoo de Valencia.
Sectores
O xardín está dividido en 11 sectores con distintos usos. Podemos falar en termos xerais, porén, de tres zonas, a alta, a mediana e a baixa. Do Parque da Capçalera até o Museo das Belas Artes, é dicir, o sector alto, atopamos maiormente infraestruturas deportivas, divididos en dúas por un tramo de bosque. Encostado ao río, pero máis alto que a canle, está o paseo da Alameda, un pequeno paseo dun quilómetro. De alí até a ponte de Àngel Custodi, o sector mediano, é un xardín que conxuga bosque na parte alta e fontes, estanques e zonas de xogos na parte baixa, o denominado riu de xiquets que ten como estrela o Parque Gulliver. Na parte baixa, atopamos a Cidade das Artes e as Ciencias, tamén rodeada de xardíns, un río pequeno e estanques, co Umbracle, un xardín cuberto, encostado a desnivel. Ao final está o Oceanográfico e o Àgora.
Pontes do Turia
Un altre distinctiu del parc són els nombrosos ponts que el creuen, 18 en total:
Ponte de Nou d'Octubre
Ponte de Campanar
Ponte d'Ademús
Pasarela da Petxina
Ponte de les Arts
Ponte de Sant Josep
Ponte dels Serrans
Ponte de Fusta
Ponte de la Trinitat
Ponte del Real
Ponte de l'Exposició
Ponte de les Flors
Ponte de la Mar
Ponte d'Aragó
Ponte de l'Àngel Custodi
Ponte del Regne de València
Ponte de Montolivet
Ponte de l'Assut de l'Or
Usos do parque
Entre a ponte do Real e a ponte de l'Exposició hai un grande espazo aberto que se emprega para varias actividades. Durante as Fallas e o 9 de outubro entre outras festas maiores, fanse castelos de fogos de artificio. Na outra banda da ponte da Exposición, no medio dunha serie de paseos axardinados, fanse varias feiras comerciais ou culturais por exemplo a Feira das Nacións, a Feira de Alimentos e a Feira Alternativa. Na zona alta, os campos deportivos adoitan estar cheos tódalas fins de semana.