É unha mata que medra de 1 a 2,5 m de alto e ancho. As follas son perennes, lanceoladas, de 3 a 10 cm de longo e 1 a 2 cm de largo, de cor verde escura no envés e verde pálida no revés. As flores acadan entre 5 e 8 cm de diámetro, con 5 pétalas brancas con aspecto de papel, correntemente teñen unha mancha, entre vermella e castaña, na base, arrodeando o estame amarelo e os pistilos. Toda a planta está cuberta dunha exsudación pegañenta e aromática resina.
O froito é tipo cápsula, con moitas sementes, sendo estas con endosperma fariñoso ou semicartilaginoso.