Xan Arias-Andreu Rodríguez, nado en Madrid, é un escritor e editor galego.
Traxectoria
Estableceuse na Galiza da meirande parte dos seus antepasados desde mediados dos anos 80. Desenvolveu a súa actividade profesional en diferentes gabinetes de prensa institucionais, como a xefatura de prensa da Consellería de Cultura na época de Alfredo Conde e a de diversos simposios e eventos culturais. Foi director e presentador dos programas Nós e Itinerario Máxico en Radio 4 de RNE en Galiza e colaborou en diversos medios de comunicación (La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Progreso e A Nosa Terra, entre outros).
Fundou e dirixe a Editorial Trifolium, traballo que compaxina co seu labor de asesor de prensa na Delegación Provincial de Cultura e Deporte na Coruña.
Obra en galego
Ensaio
Obras colectivas
- Millenium en Compostela. 18 voces no Camiño de Santiago, 2003, Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago.
Edicións
- Cartas a Emilio González López, 2006, Editorial Trifolium.
- A Coruña nos textos dos viaxeiros. Séculos XVIII, XIX e XX, 2008, Editorial Trifolium.
Obra en castelán
Ensaio
- Viajeros por Galicia, 1998, Ediciós do Castro. En 2011 publicouse a versión en galego, Viaxeiros por Galicia, na Editorial Trifolium, con tradución de Enrique Sánchez.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas