Un xador[1] ou xadur[2] (en persiano: چادر châdor) é unha peza de vestir ampla e habitualmente de cor negra coa que algunhas mulleres musulmás, especialmente nas zonas urbanas ou rurais do Irán e dalgúns outros países de Asia central cobren a cabeza e o corpo, deixando unicamente á vista a cara[3].
O xador consistente nunha simple peza de tea semicircular aberta por diante que se coloca sobre a cabeza, cubrindo todo o corpo agás a cara. Ás veces axústase ao pescozo, a un costado, cun alfinete decorativo. Segundo as relixións pode ser negro ou a cores, a miúdo estampados. Esta peza ponse por riba de todas as outras e, especialmente no campo, pode ser máis curta.
A tradición de cubrir a testa é frecuente en diversas relixións orixinadas en pobos semíticos, incluídos o xudaísmo e mailo cristianismo, porén o seu uso é pouco frecuente actualemnte e adoita estar restrinxido a cerimonias relixiosas (mantilla, veo). Con todo, cómpre non confundir o xador con outras pezas de vestimenta usadas no islam coma o hixab, a amira, o nicab, o burca ou a abaia.
Coa Revolución islámica de 1979 impúxose o uso obrigatorio no Irán, situación que aínda se mantén, con certa relaxación na súa forma e deseño.[4][5]
Notas
↑Proposta de escritura en galego do Servizo de Normalización Lingüística da USC
↑Definición proposta polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
↑Luz Gómez García, Diccionario de islam e islamismo, páx. 54. Editorial Espasa, 2009: "la Revolución Islámica (1979) dictaminó que fuese indumentaria obligatoria de las mujeres en Irán, situación que se mantiene en la actualidad, aun con cierta relajación en su forma y diseño."