Xosé Xabier Ron Fernández, nado en Lión o 16 de febreiro de 1969,[1] é un profesor e político galego.
Traxectoria
Naceu en Francia, fillo de emigrantes, e regresou a Galiza, licenciándose en Filoloxía Románica pola USC. Dende 2016, traballa como docente de lingua francesa no IES de Ames.[1] É especialista na lírica dos trobadores románicos, sobre todo do cancioneiro galego-portugués, dos que versou a súa tese de doutoramento defendida en 2016 e titulada "Fenomenoloxía do don na lírica románica das primeiras xeracións".[1]
É militante do Partido Comunista de Galicia, sendo membro do Comité Central; é igualmente membro da executiva de Esquerda Unida, onde desenvolve a responsabilidade de Secretario de Movementos Sociais e coordinador comarcal en Compostela. Vencellado ás reivindicacións do movemento migratorio de Galicia é membro do Foro Galego de Inmigración desde a súa creación.
Foi elixido candidato á alcaldía por Esquerda Unida Compostela nas eleccións municipais de 2007 e 2011[2], e cabeza de lista pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2008. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012 por Alternativa Galega de Esquerda.
Obra
Tradución
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas