X-Men: The Last Stand é un filme de acción dirixido por Brett Ratner que se estreou en 2006, baseado no equipo de superheroes X-Men de Marvel Comics, o terceiro na serie de filmes deX-Men, e o guión ten como base as historias "The Dark Phoenix Saga", de Chris Claremont e John Byrne, e "Gifted" de Joss Whedon e John Cassaday.
Sinopse
Nesta terceira entrega da saga, descóbrese que hai unha "cura" para os mutantes que ameaza con alterar o curso da historia. Por primeira vez, os mutantes poden elixir: seguir coa súa singularidade, aínda que iso os ille e os marxine, ou renunciar ós seus poderes e converterse en seres humanos normais. Os opostos puntos de vista dos líderes mutantes, Charles Xavier, que desexa a tolerancia, e Magneto, que cre na supervivencia dos máis aptos, vense sometidos á proba definitiva: desencadear a guerra que porá fin a tódalas guerras.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas