Wạn s̄udtĥāy..K̀xn bāy ṭhex (en tailandés: วันสุดท้าย..ก่อนบายเธอ) é un filme tailandés de 2021 dirixido por Nattawut Poonpiriya e producido por Wong Kar-wai.[1] É unha coprodución entre a China, Hong Kong e Tailandia e o guión foi escrito por Puangsoi Aksornsawang, Nottapon Boonprakob e Nattawut Poonpiriya. Está protagonizado por Thanapob Leeratanakajorn, Nattarat Nopparatayapon, Ploy Horwang, Siraphun Wattanajinda, Violette Wautier e Chutimon Chuengcharoensukying.
Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 28 de xaneiro de 2021, onde gañou o Premio Especial do Xurado na sección "World Cinema Dramatic Competition".[2] Foi escollido como candidato de Tailandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Os membros do elenco son:[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos