Word of Honor[1][2][3][4] (chinés: 山河令[5]), antes coñecida como A Tale of the Wanderers é un drama fantástico de aventuras chinés do 2021. A serie de televisión foi coproducida por Ciwen Media e Youku, dirixida por Cheng Zhi Chao, Ma Hua Gan e Li Hong Yu e escrita por Xiao Chu. Trátase dunha adaptación da novela danmei (xénero de ficción chinés centrado en historias románticas de amor e atracción entre homes) "Vagabundos Afastados" (天涯客) de Priest[6].
Está protagonizada por Zhang Zhehan (chinés: 张哲瀚) e Gong Jun (chinés: 龚俊) nos papeis principais. A serie emitiuse en Youku do 22 de febreiro ao 5 de maio con 36 episodios, ademais dun pequeno clip extra que mostra o que pasou despois do final da serie principal.[7][8][9]
Sinopse
Para abandonar a organización secreta de asasinos 'Ventá do Ceo', o líder Zhou Zi Shu realiza unha técnica obrigatoria para saír, que o deixa con só tres anos de vida. Disfrázase e trata de vivir o resto dos seus días coma un borracho deambulando polo mundo das artes marciais.
Tres meses despois, coñece ao misterioso Wen Ke Xing, quen inmediatamente se decata da fachada de Zhou Zi Shu. Os dous achéganse máis cando se enredan nunha conspiración que inclúe a 'Armadura Acristalada', unha protexida chave lendaria que dá acceso a un poderoso arsenal.[10][11][12][13]
Notas