Porta que conduce aos xardíns de Elveden Hall, residencia de W. Newton en Suffolk .
William Newton , nado contra 1783 e finado o 4 de novembro de 1862 foi un político inglés .
Traxectoria
William Newton era fillo de Samuel (ou James) Newton, un acomodado propietario dono dunha plantación de azucre no Caribe en Saint Kitts , e unha propiedade en Santa Cruz .[ 2]
Nacera en Stowey , Somerset , e educouse en Eton e no Pembroke College, da Universidade de Oxford . Instalouse en Suffolk en 1813 , despois de que o seu pai comprara Elveden Hall, cerca de Thetford ao 4º Conde de Albemarle.[ 3]
Foi elixido membro do Parlamento do Reino Unido pola circunscrición de Ipswich , desde 1818 até 1820.[ 3]
Casou o 13 de decembro de 1811 en Ferry Fryston , Yorkshire . A súa esposa Elizabeth (ou Eliza) era a filla de Richard Slater Milnes, deputado do distrito de York . William e Eliza tiveron dez fillos; o seu quinto fillo, Alfred Newton , chegou a ser un famoso ornitólogo , e o sexto, Edward Newton , un administrador colonial , e tamén ornitólogo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía