Welwitschia mirabilis Hook.f., do xénero monotípicoWelwitschia Rchb., é o único xénero da familia das Welwitschiaceae, pertencente ás gimnospermas.
Localización
Áchase en Angola e Namibia, é endémica do deserto do Namib, a cuxas condicións se atopa perfectamente adaptada.
Descrición
É unha planta desértica que crece dun tronco groso escindindo dúas únicas follas de crecemento continuo. Tras a xerminación, os cotiledones crecen 25-35 mm e vanse transformando nestas dúas follas. Despois de que estas aparezan, os capullos dos cotiledones emerxen e dentro deles dexeneran os extremos de crecemento causando a elongación dos capullos. É a única especie que non presenta traqueidas na estrutura interna do eixo caulinar. A especie reprodúcese por sementes, que deben manterse húmidas as dúas primeiras semanas e expostas á luz e á calor. É relativamente frecuente atopar nelas esporas de Aspergillus niger, que causa unha leve putrefacción despois da xerminación, polo que se tenta evitar en xardíns botánicos.
A especie é dioica e é difícil determinar a idade das plantas, aínda que se cre que poden chegar a vivir máis de 1000 anos, mesmo 2000.[cita [Cómpre referencia]
Crese que a planta absorbe a auga a través de estruturas peculiares nas súas follas que lle serven para aproveitar a rosada nocturno do deserto. O Dr. Friedrich Welwitsch descubriuna en 1860, considerándose unha das plantas máis raras que existen e bastante apreciada por coleccionistas. Está en perigo.
Símbolo
Esta planta é un símbolo nacional en Namibia. A máis alta condecoración da República leva o seu nome: Orde da Antiquísima Welwitschia Mirabilis.
En Angola a Welwitschia mirabilis é denominada tombwa e unha cidade é chamada así.
Taxonomía
Welwitschia mirabilis foi descrita por Joseph Dalton Hooker e publicado en The Gardeners' Chronicle & Agricultural Gazette 4: 71. 1862.[1]